logotipo ADL
INICIO > FORMACIÓN

 CONVOCATORIA ORDINARIA DE 2011. PROBAS ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

 

Nesta sección pódese acadar  información a cerca de:

 

1.-Formación relacionada coas áreas de xestión da empresa.

2.-Formación ( reglada e non reglada).

3.-Direccións de cursos de formación continua.

4.-Formación e Cualificacións xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

 

 

 1.-FORMACIÓN XESTIÓN DA EMPRESA.

 

No enlace www.bicgalicia.es pódese consultar o listado de cursos para Emprendedores, Empresarios, Autónomos e Traballadores relacionados coas áreas de xestión da empresa.

Bicgalicia tamén dispón de unha plataforma de formación online.

 

 

 2.- FORMACIÓN EDUCATIVA

 

A).-FORMACIÓN REGLADA

 

Unha vez finalizadas as ensinanzas de réxime xeral (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria) do sistema educativo, os alumnos poden obtar por estudiar  bacharelato, formación profesional específica (grao medio e superior) ou universidade.

 

Os alumnos que non obtiveron  o graduado en educacion secundaria, poden obtar pola educación para adultos/as. A maioría dos concellos do Salnés dispoñen de un Servizo de Educación para Adultos/as coa finalidade de formalos para que se  presenten ás probas que convoca a Administración educativa  para obter o graduado de educación secundaria.

 

ALUMNOS CON DIFICULTADE NA EDUCACION OBRIGATORIA

 

Nos centros educativos existen os PCPI Programas de Capacitación Profesional Inicial, dirixidos a  alumnos/as de 16 anos  con dificultade  para rematar a ensinanza obligatoria, excepcionalmente, a maiores de 15 anos. Os propios centros educativos facilitan información. A finalidade destos programas é favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.

 
 

B).-FORMACIÓN NON REGLADA

 

B1.-Formación para persoas desempregadas:

 

-CURSOS AFD 2012

A administración oferta todos os anos unha programación ampla de cursos de formación ocupacional (AFD), accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregados/as a través dos centros propios ou de centros homologados, tanto públicos como privados.

 

B2.-Formacion para persoas en activo:

 

Os traballadores/as  en activo e os autónomos poden mellorar a súa formación a través da formación continua.

 

 

Este enlace ofrece información sobre a Formación e Cualificacións xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar .

 

 

5.-Competencias CLAVE

4

4 tempo

 
 
logotipo ADL logotipo Mancomunidade logotipo Xunta logotipo UE aviso legal