logotipo ADL
INICIO > FORMACION

FORMACION

FORMACION PROFESIONAL E INNOVACION EDUCATIVA

Formación profesional inicial no curso 2019-2020, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén), unidades de competencia que se acreditan por módulo ou módulos superados, módulos profesionais que se validan por unidade ou unidades de competencia acreditadas.

http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

 

ADMISION A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. CURSO 2019/2020

Réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:

Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.

Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.

Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-medio

 

 FORMACIÓN EDUCATIVA

 

A).-FORMACIÓN REGLADA

 

Unha vez finalizadas as ensinanzas de réxime xeral (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria) do sistema educativo, os alumnos poden obtar por estudiar  bacharelato, formación profesional específica (grao medio e superior) ou universidade.

 

Os alumnos que non obtiveron  o graduado en educacion secundaria, poden obtar pola educación para adultos/as. A maioría dos concellos do Salnés dispoñen de un Servizo de Educación para Adultos/as coa finalidade de formalos para que se  presenten ás probas que convoca a Administración educativa  para obter o graduado de educación secundaria.

 

ALUMNOS CON DIFICULTADE NA EDUCACION OBRIGATORIA

 

Nos centros educativos existen os PCPI Programas de Capacitación Profesional Inicial, dirixidos a  alumnos/as de 16 anos  con dificultade  para rematar a ensinanza obligatoria, excepcionalmente, a maiores de 15 anos. Os propios centros educativos facilitan información. A finalidade destos programas é favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.

 
 

B).-FORMACIÓN NON REGLADA

 

B1.-Formación para persoas desempregadas:

O Servicio Público de Emprego de Galicia ofrece un catálogo de cursos de formación ocupacional clasificado por familias profesionais e especialidades que pode ser consultado polos demandantes de servicios e así seleccionar qué cursos lles interesan máis para mellorar o seu perfil.Unha vez seleccionados os cursos de interese, se procede a súa solicitude de inscripción.

A oficina valorará si o demandante de servicios cumpre cos requisitos do curso e se ten o perfil adecuado para asistir aos mesmos. 

Para poder levar a cabo a solicitude de inscripción nun curso podese desprazar á Oficina de Emprego que lle corresponda, según o seu código postal de residencia, ou ben a través da web corporativa do Servicio Público de Emprego de Galicia. ( Portal de Emprego)

http://emprego.ceei.xunta.gal/cursos-de-formacion-ocupacional-e-inscricion;jsessionid=9B53D71A8D9F10725D01B427B7A3311F


B2.-Formacion para persoas en activo:

Os traballadores/as  en activo e os autónomos poden mellorar a súa formación a través da formación continua.

Este enlace ofrece información sobre a Formación e Cualificacións xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar .

 

5.-Competencias CLAVE

4

4 tempo

 
 
logotipo ADL logotipo Mancomunidade logotipo Xunta logotipo UE aviso legal