logotipo ADL
INICIO > PROXECTOS

PROXECTOS

Dun xeito puntual a Mancomunidade do Salnés veu desenvolvendo, o longo dos últimos anos, un gran número de proxectos de interese xeral:

 

-REDE GALAICO PORTUGUESA DE TURISMO CULTURAL. A través de dous proxectos Interreg, dos que a Mancomunidade do Salnés foi xefe de fila, logrouse crear a rede de Museos máis importante de Europa, e na que o Salnés ten un peso moi importante.

 

-PROXECTO LIFE MEDIOAMBIENTAL. Proxecto piloto de xestión de residuos pesqueiros. A Través deste proxecto colocáronse en tódolos portos do Salnés diferentes contedores para a recollida selectiva de residuos (pilas, madeira, redes, neumáticos, aceites....), e realizáronse un gran número de accións de formación e sensibilización meidoambiental.

 

-PROXECTO LOGÍSTICA NORLOGIS. A través dun proxecto Interreg III-A levouse a cabo a creación dun centro loxístico dentro dos polígonos industriais da nosa comarca.

 

-OBRADOIRO DE EMPREGO A SEGORELLA I, II e III. Entre os anos 2001 e 2004 a Mancomunidade do Salnés desenvolveu tres proxectos formativos, para persoas maiores de 25 anos, nos que se rehabilitaron unha trintena de antigos muíños e se crearon catro paseos fluviais.

 

ROTEIROS DA AUGA I, II E III. En febreiro de 2011 iníciase de novo a continuación de roteiros III, rehabilitando antigos muiños, lavadeiros e paseo fluviais nos concellos de Meaño, Meis e Ridumia.

 

-ESCOLA/OBRADOIRO DE HOSTALERIA DO SALNES. A Mancomunidade do Salnés conta cun obradoiro de emprego de Hostalería, de caracter comarcal, na que se forman alumnos en tres especialidades: cociñeiros, camareiros de restaurante-bar e camareiros de planta.

 

-PROXECTOS ECOSALNES-MEDIOAMBIENTE. A través de dous convenios asinados coa Fundación Biodiversidade, desenvolvéronse dous proxectos de formación e sensibilización medioambiental para traballadores autónomos e Pymes.

 

-PROXECTO POMAL. Primeira fase da creación da rede de saneamento comarcal a través do Programa Medioambiental do Ministerio de Medio ambiente (Fondos FEDER)

 

-PLAN DE MELLORA DO SANEAMENTO DA VERTENTE SUR DA RÍA DE AROUSA. Segunda fase da rede de saneamento comarcal (Fondos de Cohesión)

 

PLAN DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE DA COMARCA DO SALNÉS. Dende esta entidade local realizouse un estudio da situación da accesibilidade en toda a comarca. Nestes intres vense de acadar a firma dun convenio de colaboración entre o IMSERSO a Fundación ONCE e a Mancomunidade do Salnés financiamento de cara a executar as obras que resultan máis necesarias.

 

-PROXECTO INTERREG RED-CULTURA. Na actualidade a Mancomunidade do Salnés ven de rematar o proxecto Red-Cultura que tiña como finalidade a promoción do turismo cultural na nosa comarca.

 

-PROXECTO CULTURA EN REDE. Financiado pola Consellería de Industria, Turismo e Comercio da Xunta de Galicia, permitiu a posta en marcha dunha aplicación informática que permite ós nenos a creación de contidos educativos nas pizarras dixitais dos seus colexios.

 

-PROXECTO ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA. A Mancomunidade do Salnés está implantando un proxecto de servicios administración electrónica para a cidadanía do Salnés, nos nove concellos da comarca do Salnés, cofinanciado polo Plan Avanza Servicios Públicos Dixitais do Ministerio de Industria e Comercio.

 

-PROXECTO NAVEGA E EDUCA. Proxecto cofinanciado pola Consellería do Mar a través do Grupo de Acción Costeira 5- Ría de Arousa, coa finalidade de fomentar a sustentabilidade social, económica, educativa e ambiental das zonas costeiras da nosa comarca do Salnés, dirixido a centros educativos e a poboación en xeral. O proxecto estase desenvolvendo durante unha semana,  en cada porto dos concellos costeiros da comarca, no calendario establecido, durante os anos 2010 (nos meses do inicio escolar) e 2011 (nos meses finais do curso escolar), abordo da Goleta Raquel C.

 

-PROXECTO CATALOGA. Este proxecto consiste no inventariado, catalogación e posta en valor do patrimonio histórico-cultural e marítimo pesqueiro da Ría de Arousa.

 

-PROXECTO AULAS INFORMÁTICAS NO RURAL. O presente proxecto ten por obxecto mellorar a utilización de internet e das novas tecnoloxías por parte da  poboación do rural do Salnés. Para elo puxeronse en funcionamento nove aulas informáticas dotadas co material necesario. Están ubicadas nos núcleos rurais dos concellos O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Meis, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcia de Arousa.

 

-PROMOCIÓN TURÍSTICA DA COMARCA DO SALNÉS. A Mancomunidade do Salnés desenvolveu un Plan de Excelencia Turística (para os concellos de O Grove e Sanxenxo), un Plan de Dinamización Turística (que afecta os sete concellos restantes), e un Plan de continuidade da Dinamización Turística. Recentemente  editamos  novo material promocional da comarca do Salnés, e proximamente firmarase un novo convenio de colaboración coa Secretaria Xeral de Turismo para continuar coa promoción turística da comarca do Salnés.

logotipo ADL logotipo Mancomunidade logotipo Xunta logotipo UE aviso legal