logotipo ADL
INICIO > MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

A Mancomunidade do Salnés é unha administración pública de carácter local que está integrada polos nove concellos que conforman a comarca do Salnés: Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e O Grove, abarcando unha poboación  aproximada de 111.000 habitantes.

 

Esta entidade foi constituída no ano 1986, por tres destes concellos, coa finalidade inicial de garantir o abastecemento de auga potable, sen embargo co paso do tempo fóronse ampliando as súas atribucións a vez que se ían incorporando os seis concellos restantes.

 

Na actualidade, e dende o ano 2011, esta entidade atópase presidida por D. Gonzalo Durán Hermida, alcalde do Ilmo. Concello de Vilanova de Arousa, estando constituida a súa estructura organizativa por unha xerencia e por persoal técnico. E sendo os seus órganos de goberno: a presidencia, a Comisión Executiva (formada polos nove alcaldes), e a Xunta da Mancomunidade (formada por 27 membros).

 

Os seus estatutos foron modificados no ano 2004. Feito que lle permitiu desenvolver unha gran cantidade de competencias, e que lle levou a incrementar dun xeito continuo a súa actividade.  

logotipo ADL logotipo Mancomunidade logotipo Xunta logotipo UE aviso legal