logotipo ADL
INICIO > PROXECTOS > Aulas informáticas

Descrición do proxecto. Localización e resumo dos investimentos a realizar

 

O presente proxecto ten por obxecto mellorar a utilización de internet e das novas tecnoloxías por parte da  poboación do rural do Salnés. Para elo puxeronse en funcinamento nove aulas informáticas distribuidadas nos núcleos rurais dos concellos O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Meis, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcia de Arousa.

Cada unha das aulas informáticas está dotada dos seguintes medios:

  • 6 Pcs conectados en Rede
  • 1 servidor.
  • 1 equipo informático portatil.
  • 1 punto de acceso wifi que permita a conexión de outros equipos portátiles,
  • 1 Televisor de 42 " con TDT incorporado, que permita mostrar as presentacións do posto de dinamizador, así como formar ós ciudadáns na utilización do TDT e a e-Administración.
  • 1 impresora multifunción capaz de imprimir, escanear e fotocopiar.
  • Conexións e cableado.
  • Software necesario para a xestión.
  • Cartel informativo en cada unha das aulas informáticas, cos seus correspondentes logotipos.

Destinatarios do proxecto

 

Os beneficiarios deste proxecto serán os habitantes das distintas zonas rurais onde se instalarán as aulas informáticas, as cales serán ubicadas nas Casas de cultura e nos centros socioculturais das direrentes parroquias.

 

A ubicación das aulas informáticas son as seguintes:

  • A Illa  de Arousa: Centro Multiúsos. Praza do Concello s/n
  • Cambados: Centro Cultural de Vilariño. Lugar de Sineiro, Parroquia de Vilariño s/n.
  • Meaño: Casa de Cultura de Dena. Rúa Santa Lucía s/n.
  • Meis: Centro Multiúsos. Praza de España s/n
  • O Grove: Casa da Cultura Vázquez Hereder. Parroquia de San Vicente s/n.
  • Ribadumia: Centro Cultural de Ribadumia. Avda Párroco Baliñas, s/n
  • Vilagarcía de Arousa: Avda de Cambados 55. Vilaxoan
  • Vilanova de Arousa: Casa de Cultura de András.

Usos previstos

 

Os usos previstos para as aulas informaticas do rural terán sempre carácter gratuíto, sendo básicamente os seguintes:

  • Acceso público e gratuíto a internet.
  • Formación gratuita para o manexo de diferentes aplicacións informáticas e internet (dirixido a distintos colectivos sociais).
  • Formación no manexo do TDT , destinado a  persoas maiores. 

Horario de apertura ao público

 

Os horarios de apertura o público destas aulas informáticas estarán vencellados os horarios dos propios centros nas que se instalen, producíndose  unha ampliación dos mesmos en función das actividades que vaia organizando cada un dos concellos.

 

Tipo de acceso

 

O tipo de acceso a estas aulas informáticas será libre.

logotipo ADL logotipo Mancomunidade logotipo Xunta logotipo UE aviso legal