LENDA DE SAN ERO
Mostrar/Ocultar transcripciónSABÍAS QUE… xa no s. XIII aparece a lenda de san Ero na Cantiga 103 de Alfonso X o Sabio?
Este santuario encerra a lenda de san Ero, un nobre galego a quen se lle apareceu en soños a Virxe María e lle encomenda a fundación dun templo e mais a súa dedicación á vida monacal.
Tempo máis tarde, tras rogar encarecidamente que se lle permitise ver o paraíso, san Ero queda absorto durante 300 anos, sentado ao bordo dunha fonte e cativado polo canto dun paxariño. Tras recuperar a súa consciencia, regresa ao mosteiro, pero non pode recoñecer a ningún dos seus monxes. Desa maneira comprende a transcendencia do que lle sucedía.