Descripción
Corría o ano 1883. A pandemia da Varíola facía pouco que diezmara a nosa comarca. O noso Estado tiña serios conflitos coas colonias. En fin, era unha época de depresión social e económica e, por tanto de fame.
No vello Pazo de Vista Alegre vivía naquel momento o Marqués coa súa familia e criados. Daquela, a parte traseira do palacio estaba dedicada a xardíns e hortos. Nestas últimas plantaran, sobre todo, millo e patacas, destinadas ao autoconsumo. Era sobre a unha da madrugada.
Toda a xente do palacio durmía a perna solta cando..., de súpeto, escoitáronse un estraños ruídos que viñan da horta. Os criados espabilaron e avisaron ao resto dos habitantes da casa. Asomáronse todos ás xanelas e ... alí vírona: A Santa Compaña! Unha chea de lucecillas que andaban dando voltas pola horta, movéndose moi despacito, sigilosamente. Os do Pazo pecharon as xanelas e puxéronse a rezar entre queixumes entre os que se lles ía a vida.
E así toda a noite, de xeonllos e rogando que a Santa Compaña non os leva con eles. Cando levantou o sol, que é a hora na que "as cousas da noite" desaparecen, abriron as portas. Aínda co medo no corpo. Señores e criados baixaron ata a horta e... descubriron o misterio: A Santa Compaña roubáralles todas as patacas!, non quedou nin a mostra.