Descripción
Á ponte de Ponte Arnelas, coñéceselle como ponte dos padriños e atribúeselle unha lenda relacionada coa fertilidade. Segundo conta a lenda, unha muller en estado de xestación que ten posible risco de aborto ou dificultades para ter fillos, debe achegarse á ponte dos padriños acompañada dunha comitiva.
Esta comitiva ten a función de axudar a que a ponte non fose cruzado por ningunha muller ou animal e en silencio esperar a que a que fose cruzado a pé por un home, ao que debe pedirlle que bautice ou bendiga o seu ventre con auga do Río Umia.
A continuación a muller e a comitiva que a acompaña debe ofrecerlle e compartir co home unha cea alí mesmo e ao terminar todos eles deben arroxar desde a ponte e por encima das súas cabezas a vaixela utilizada para a cea. Se o embarazo chega a bo termo, ese home deberá ser o padriño do neno ou nena que naza e levase o nome de Alberto ou Alberta en honra ao Santo que se atopa no cruceiro situado na ponte.