BARRIO MARIÑEIRO DE SAN TOMÉ
Mostrar/Ocultar transcripciónSABÍAS QUE… o actual Cambados está composto por tres antigas vilas? Fefiñáns, Cambados e San Tomé.
O actual barrio de San Tomé únese ao paseo marítimo de Cambados para deixarnos gozar dunhas bonitas vistas, entre elas, a imaxe da Torre de San Sadurniño e a da Illa da Toxa.
San Tomé conta cun peirao dedicado ás embarcacións tradicionais, como as dornas, e á pesca deportiva.
Neste barrio mariñeiro atopamos tamén arquitectura civil galega, como o Pazo de Montesacro, do século XVIII, e a Capela da Valvanera.
Para finalizar, e sen saír do barrio de San Tomé, poderemos visitar o Museo Casa do Pescador, antiga vivenda mariñeira onde se mostran as artes de pesca e a vida tradicional das xentes do mar.