
Descripción
Fundado cara a 1490 por D. Xoán Mariño de Sotomayor, o burgo mariñeiro de Vilaxoán cobra importancia a finais do S. XVIII grazas aos empresarios cataláns que impulsaron industrias de salgadura, nas que traballaban a práctica totalidade da poboación de Vilaxoán.
Hoxe consérvase o barrio mariñeiro, coas súas pintorescas e coloristas casas, e o pazo de Sobrán que se levanta sobre os alicerces dun antigo mosteiro do S. XI.
Audioguías
BURGO MARIÑEIRO DE VILAXOÁN
Mostrar/Ocultar transcripciónSABÍAS QUE… o burgo mariñeiro de Vilaxoán foi fundado en 1490 por D. Xoán Mariño de Soutomaior?
Este foi unha importante localización para os empresarios cataláns que a finais do s. XVIII se asentaron na vila de Vilaxoán para impulsar industrias de salga.
Gran parte dos habitantes da vila pasaron a traballar nestas novas industrias.
A partir do s. XIX introducíronse en Vilaxoán novas industrias e artes de pesca.
Chaman a atención neste barrio mariñeiro as casas de múltiples cores, ademais da igrexa e do Pazo de Sobrán, que se supón que se levanta sobre os restos dun mosteiro do s. XI.
Todos estes elementos fan deste, sen dúbida, un fermoso lugar.