Arquitectura civil, pazos Pazo de Montesacro e Capela da Valvanera


Pazo Montesacro - Cambados
Pazo Montesacro - Cambados
Pazo Montesacro - Cambados

Descripción


O Pazo de Montesacro, de estilo barroco, foi construído no barrio de San Tomé durante o  s. XVIII a petición de don Diego de Zárate e Charanga, o que foi no seu tempo primeiro marqués de Montesacro.

En 1937, dona Juana María Grisone, viúva do VIII marqués de Montesacro, decide ceder o pazo ás irmás da caridade para ampliar o asilo que nese momento se atopaba no Pazo Torrado.

O pazo remodelouse finalmente e pasou a ser, como ata agora, unha residencia de maiores.

Na súa fachada podemos observar un gran escudo de armas dos Zárate e Charanga coa Cruz de Santiago de Compostela, a coroa do marqués e un brazo de cabaleiro con espada.

Anexa ao pazo atópase a Capela da Valvanera, que tamén se construíu no s. XVIII, e onde se ofrece culto á Virxe da Valvanera,  que se mostra como unha imaxe sedente sobre un altar barroco.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida