Arquitectura civil, pazos Pazo de Rubiáns


Pazo de Rubianes - Imagen 1

Descripción


Desde o Pazo de Rubianes ofrecemos a posibilidade de coñecer un xardín histórico de Galicia onde destaca como gran protagonista A Camelia.

Con exemplares únicos de especies botánicas como os xigantescos eucaliptos, as magnolias grandiflora, as criptomerias japónicas elegantes, os primeiros alcanfores de España, a magnífica Araucaria pertencente ao catálogo de árbores senlleiras de Galicia, os eucaliptos da pementa, o bosque de carballo americano, a carballeira e as sobreiras centenarias, fan da visita ao xardín do Pazo de Rubianes unha experiencia única.

As borduras de buxo centenario, o xardín francés co seu labirinto, o estanque das ras e moitos máis recunchos por descubrir. O Parque Botánico do Pazo de Rubianes é Xardín de Excelencia Internacional da Camelia.

Visita Guiada discorre polo xardín, os viñedos, a capela, a adega do Século XV onde o visitante degustará de noso veu Pazo de Rubianes. Neste caso deberíase de realizar unha reserva previa a través da nosa páxina web. O horario é de luns a domingo ás 11:30h, e o prezo da mesma é de 19€ por persoa.

As visitas libres son de luns a venres, días laborables, de 10:00 h a 14:00 h .

 

 

Contacto


Comparte y valora


O Salnés a medida


Escanea este código e engade este recurso o teu mobil como un novo contacto.