Descripción
SABÍAS QUE… o elemento máis importante do Pazo Quinteiro da Cruz é o seu xardín, repleto de camelias e de especies exóticas?
O pazo Quinteiro da Cruz atópase na parroquia de Lois, que pertence ao concello de Ribadumia.
Este pazo do s. XVIII e de estilo neoclásico posúe elementos destacables, como dous hórreos, cruceiro, pombal, capela, un antigo alpendre porticado e fontes ornamentais.
Ademais, cómpre destacar unha antiga lareira e a adega, que elabora albariño dos seus propios viñedos.
Actualmente a propiedade conta con instalacións para a organización de todo tipo de eventos.
Os xardíns do pazo teñen un grande interese botánico e ornamental, pero as súas verdadeiras protagonistas son as camelias, pois neles podemos atopar unhas cinco mil árbores de camelia de máis de mil cincocentas variedades.