TELLEIRA DOS SEIXIÑOS
Mostrar/Ocultar transcripciónA Telleira dos Seixiños ou “de Juan Noya” atópase en Dena, na desembocadura do río da Chanca.
Esta desembocadura propiciou a existencia de xacementos de caolín e arxila que se empregaron na elaboración de pezas como tellas, azulexos, etc.
Desde O Grove ata Dena chegaron a contabilizarse ata 28 fábricas de tellas e ladrillos que comezaron o seu traballo a partir do s. XIX.
A proximidade do mar servía de vía de transporte para a produción.
A telleira conserva o forno orixinal integrado e sitúase dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove.
O forno dos Seixiños é de forma cadrada cunha estrutura de tronco piramidal; o seu interior, de forma cilíndrica, está revestido con materiais refractarios.
En fronte desta telleira sitúase o novo centro de interpretación As Telleiras de Sanxenxo.