Arquitectura civil, pazos Torre de San Sadurniño


Torre de San Sadorniño - Imagen 3

Descripción


Perduran só uns restos cunha sillería ben labrada. A súa construción remóntase aos tempos do arzobispo compostelán Xelmírez (principios do s. XII) e o seu obxectivo era a defensa das costas de Galicia das incursións normandas e de outros poboados invasores. Emprázase nun illote próximo á costa, frente á vila de Cambados.

Contan que a illa onde se ubica a Torre de San Sadurniño, foi feita polos mouros botando terra que acarrexaban en carros enriba das pedras que había no mar, facendo a ponte para chegar á muralla con cunchas.

Dicían que a torre tiña un Santo que se chamaba San Saturnin, de ahí o nome, e que nela había un rei mouro que tiña potestade para queimar as persoas.

Debaixo da torre hai un pasadizo que está tapado cunha pedra, sen poder identificar cal é. Din que nese pasadizo hai ouro e pedras enterradas. Dentro da torre había unha capela, de que algúns din que estaba levantada enriba de vigas.

Audioguías


TORRE SAN SADURNIÑO
Mostrar/Ocultar transcripción

SABÍAS QUE… a Torre de San Sadurniño se atopa na illa chamada A Figueira, en fronte do barrio máis antigo de Cambados, San Tomé?

Da torre que data do século VIII ou IX d. C. tan só quedan os restos do que no seu día foi unha fortaleza medieval na que se cre que se atopaba a figura de San Sadurniño.

No século XI a torre reconstruíuse e foi empregada como sistema de alarma. Ao contar cunha localización estratéxica na ría de Arousa, avisaba das incursións viquingas mediante fogueiras.

 A lenda conta que este illote foi creado por un rei mouro que acumulou terra e cunchas ata formalo, construíndo incluso un pasadizo que escondía un magnífico tesouro de ouro e pedras preciosas.

Esta illa atópase rodeada dunha gran zona de marisqueo a pé, pois nestes areais crecen gran cantidade de ameixas e berberechos.

Este espazo pertence ao Complexo Intermareal Umia-O Grove, lugar privilexiado para a hibernación de aves acuáticas.
Durante a baixamar poderás acceder a pé ao areal e ver centos de mariscadoras traballando.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida