Arquitectura relixiosa Capela de San Caralampio


Capilla de San Caralampio
Capilla de San Caralampio
Capela de San Caralampio
Capela de San Caralampio
Capela de San Caralampio
Capela de San Caralampio
capilla Caralampio
capilla Caralampio
Capilla de San Caralampio

Descripción


A ermida da illa da Toxa, dedicada a san Caralampio e á Virxe do Carme conserva o seu culto desde o século XII.

Recuberta de cunchas de vieira, chama a nosa atención no centro da illa, sendo unha das máis singulares de toda Galicia.

O seu interior é modesto e con certo aire mariñeiro.

Dela falaron Condal, Ramón y Cajal, Emilia Pardo Bazán, Otero Pedrayo, tanto da súa orixinalidade como da súa beleza. Ten unha pranta sinxela e as cunchas son un dos símbolos xacobeos por excelencia.

Audioguías


CAPELA DE SAN CARALAMPIO
Mostrar/Ocultar transcripción

Algúns chámana capela das Cunchas; outros, capela de San Sebastián ou capela de San Caralampio.

Esta singular capela foi construída no s. XIX e posúe unha planta de cruz latina. Pero a súa característica máis impresionante é que se atopa cuberta totalmente por cunchas de vieira, símbolo xacobeo por excelencia.

A capela de San Caralampio está rodeada de xardíns e atópase á beira do Gran Hotel da Toxa e do seu balneario.

En tempos anteriores venerábase neste lugar a imaxe de San Sebastián, pero actualmente é a imaxe da Virxe do Carme a que ocupa o interior da capela.

Tamén se lle dá culto a San Caralampio, patrón das enfermidades da pel.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida