Arquitectura relixiosa Mosteiro de Armenteira


Monasterio de Armenteira - Imagen 1
Monasterio de Armenteira - Imagen 1
Monasterio de Armenteira
Monasterio de Armenteira
monasterio armenteira
monasterio armenteira
Monasterio de Armenteira
Monasterio de Armenteira
Monasterio de Armenteira 2
Monasterio de Armenteira 2
Monasterio de Armenteira - Imagen 1

Descripción


O Mosteiro de Santa María da Armenteira foi declarado monumento histórico-artístico no ano 1931.
As terras pertencentes ao mosteiro están rodeadas por un muro do que cabe destacar a portada barroca que serve de acceso ó adro sito diante das fachadas da igrexa e do mosteiro propiamente dito.

Dous contrafortes circulares rematados en forma cónica danlle forma ao arco de entrada. A portada está rematada por unha cornisa  e un baixo relevo, situado enriba do arco, que recorda á lenda de San Ero, fundador do mosteiro.
A fachada principal do mosteiro, con dúas plantas con fiestras e balcóns simples e sinxelos distribídos de xeito desordenado, está adosada á igrexa coa que forma un ángulo recto. A entrada condúcenos ao vestíbulo con bóveda de sillería de medio canón e no que podemos ver á dereita as escaleiras que nos conducen á casa rectoral e á esquerda o paso cara a escaleira principal do mosteiro.


Ó claustro que constitúe o centro de todo o mosteiro, accédese dende a porta esquerda da fachada. A súa construcción iniciouse, pola ala norte, no ano 1575 e e rematouse no ano 1677, debido a este longo período, existen grandes diferencias entre as catro alas que o conforman,sendo a máis vistosa a galería oeste por ter as súas bóvedas a clave colgante. Cada ala conta con seis arcos, con bóvedas de estilo gótico e  arcos curtos e de medio punto. No ano 1777 construíuse a planta superior do claustro, con catro fiestras adinteladas en cada ala e separouse da primeira planta por una cornisa.


A igrexa do mosteiro, construída entre o ano 1162 e 1212 constitúe un exemplar único da arquitectura monacal do século XII. Trátase dunha igrexa cisterciense caracterizada pola austeridade e sinxeleza. Aínda que na época da súa construcción se inicia o gótico, a igrexa é prácticamente románica e nela podemos diferenciar catro partes: A fachada, as naves, o cruceiro e cabeceira, formada a súa vez por tres ábsides precedidas dunha parte recta.

Audioguías


Mosteiro de Armenteira
Mostrar/Ocultar transcripción
Aquí comeza a segunda etapa da Variante Espiritual e é tamén o inicio do Roteiro de muíños denominada Ruta da Pedra e da auga. Neste punto atopámonos co Mosteiro de Armenteira, que foi construído entre os séculos XII e XVII. Actualmente habitado por unha comunidade de monxas cistercienses. O mosteiro é protagonista dunha das romarías máis frecuentadas do lugar. Cada luns de Pascua ten lugar a celebración da Virxe das Cabezas á cal se lle atribúen poderes curativos. Miles de fieis acoden en peregrinación para pedir á Virxe das Cabezas, ofrecendo figuras de cera, polas súas dores e males relacionados coa cabeza. Como tradición, o percorrido ata o Mosteiro de Armenteira realízase a pé desde as localidades máis próximas.
MOSTEIRO DA ARMENTEIRA
Mostrar/Ocultar transcripción

SABÍAS QUE… este mosteiro foi construído entre os séculos SXII e XVII e pertence á orde cister-ciense?

Destaca arquitectonicamente polo seu magnífico rosetón, o claustro do s. XVII e a única cúpula de Galicia de estilo mudéxar.

O luns de Pascua celébrase a romaría da Virxe das Cabezas. As persoas que padecen dores e males relacionados coa cabeza ofrécenlle á Virxe figuras de cera que representan cabezas huma-nas.

Actualmente o mosteiro está habitado por unha activa comunidade de monxas cistercienses.

Contacto


Lugar de la Iglesia, s/n, 36192, Meis

Comparte y valora


O Salnés a medida


Escanea este código e engade este recurso o teu mobil como un novo contacto.