RUÍNAS DE SANTA MARIÑA
Mostrar/Ocultar transcripciónSABÍAS QUE... as Ruínas de Santa Mariña de Dozo foron declaradas monumento histórico-artístico en 1943?
Na súa construción orixinal foron unha igrexa de estilo románico construída no século XII, para ser reconstruída máis tarde segundo o estilo gótico.
Foi o señor feudal Lope Sánchez de Ulloa quen solicitou a construción da igrexa de Santa Mariña de Dozo e a súa filla María de Ulloa ampliouna a finais do século XV.
Por motivos políticos e relixiosos, a igrexa foi abandonada no século XIX e o seu culto trasladado ao convento de San Francisco.
En 2014, as Ruínas de Santa Mariña de Dozo foron consideradas o terceiro monumento funerario máis importante de España e foi incluído na Asociación de Cemiterios Significativos de Europa.
Ao seu lado atópase o monte da Pastora, que conta cun miradoiro desde o cal se pode contemplar a ría de Arousa.