Miradoiros Miradoiro de San Cibrán


san cibran
san cibran
Miradoiro de San Cibrán
Miradoiro de San Cibrán
Miradoiro de San Cibrán
Miradoiro de San Cibrán
Miradoiro de San Cibrán
Miradoiro de San Cibrán
san cibran

Descripción


Na parroquia de Cobas (Meaño) pódese acadar un punto desde o que se divisan extraordinarias vistas sobre a ría de Arousa e a chaira cos seus pequenos ríos, entre os que sobresae o Chanca, que desemboca en Dena. Este río contribúe á formación das marismas do Complexo Umia-O Grove. San Cibrán é un miradoiro desde o que o observador se pode facer unha idea da paisaxe do Salnés, ao completo.

Audioguías


MIRADOIRO DE SAN CIBRÁN
Mostrar/Ocultar transcripción

SABÍAS QUE.. os seus 209 m de altura fan do monte de San Cibrán de Cobas un magnífico miradoiro?

A súa excelente situación dentro do concello de Meaño, corazón do Salnés, permítenos ter unhas vistas privilexiadas do val. Podemos contemplar os seus viñedos e as súas hortas, así como o río da Chanca e a ría de Arousa.

Desde aquí verás lugares como Meaño, Meis, O Grove, a Illa da Toxa, Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
O cruceiro do recoñecido escultor modernista Francisco Pazos, nativo de Meaño, atópase no mellor lugar para gozar das vistas.
Cada segunda fin de semana de xuño, nesta zona recreativa celébrase a festividade do San Cibrán.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida