Descripción
Elévase no límite dos municipios de Vilagarcía, Caldas e Catoira. A súa posición e situación son idóneas para observar o curso baixo do río Ulla e as Torres do Oeste en Catoira. Desde aquí divisamos unha paisaxe que combina o mar co val, as diseminadas vilas, os distinguidos pazos, igrexas e capelas, cruceiros, hórreos, viñedos e serpenteantes camiños que comunican uns núcleos de poboación con outros.