MUSEO DA CONSERVA
Mostrar/Ocultar transcripciónSABÍAS QUE... a antiga fábrica de Goday, primeira fábrica de conservas de Galicia, alberga hoxe en día o Centro de Interpretación da Conserva?
O edificio, de influencia modernista catalá, atópase en fronte do “Muelle de Pau” e dunha antiga fábrica de salga que tamén pertencía á familia Goday.
O museo mostra como se producía a conserva no s. XIX. Neste lugar atoparás unha máquina de vapor orixinal, unha colección de fotos antigas e material de envasado para a conserva.
Esta fábrica está indiscutiblemente ligada á historia da Illa de Arousa e das súas xentes, que son as protagonistas do que se mostra no museo.