Museos Museo Etnográfico do Viño


MUSEO DEL VINO
MUSEO DEL VINO
Museo Etnográfico - Imagen 1
Museo Etnográfico - Imagen 1
Museo Etnográfico
Museo Etnográfico
Museo Etnográfico
Museo Etnográfico
MUSEO DEL VINO

Descripción


O prestixio do viño albariño deu pé a este museo, que é ademais o primeiro de Galicia no seu xénero. Situado preto das ruínas de Santa Mariña Dozo, está composto por dous edificios. Entramos pola pranta alta e atopámosnos, á dereita, unha sala onde coñeceremos a "historia do viño". Ao fondo, outra sala fálanos da investigación vinícola e a viticultura (variedades de uva, tipos de chan, modos de cultivo). Noutra estancia coñecemos os útiles para a colleita do viño. Na pranta baixa está o lagar e unha alquitara ademais de distintas salas con exposicións temporais. Ao noso paso daremos coa sala de vinificación, onde nos explicarán o proceso de elaboración do viño, a creación de adegas, a produción da comarca ou a cata. Quédanos a biblioteca, que é de uso público.

Horario:

15 XUÑO - 15 SETEMBRO. De martes a sábado: de 17:00 a 20:00 h. Domingo pechado

16 SETEMBRO - 14 XUÑO. De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 19:30 h. Domingo: de 10:00 a 14:30 h. 

Prezo: Para os catro museos (museo etnográfico e do viño,casa museo Ramón Cabanillas,Casa do Pescador e Muíño de Mareas e da Seca). 1-10 anos:Gratuíto. 11-17 anos:1.60€ 18-64 anos:3.20€ Maiores de 65 anos ou pensionistas: 1.60€ Grupos de máis de 20 pax faranse descontos.

Contacto


Avda. de la Pastora, 104, 36630, Cambados

Comparte y valora


O Salnés a medida


Escanea este código e engade este recurso o teu mobil como un novo contacto.