Variante espiritual

Variante espiritual

Faga o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe a Compostela.

Variante espiritual

Faga o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe a Compostela. Navegue por unha paraxe natural de gran beleza. Descubra muíños, fontes, capelas e mosteiros. Camiñe a través de bosques, viñedos e praias. Percorra o único Via Crucis marítimo-fluvial do mundo, no que poderá contemplar os 17 cruceiros centenarios que identifican este Camiño de Santiago como a “Translatio”, a Orixe de Todos Os Camiños.

Esta “Variante Espiritual” une dous Camiños Xacobeos: o Camiño Portugués e a “Ruta do Mar”, A Orixe de Todos Os Camiños. No ano 44 despois de Cristo a Ría de Arousa foi surcada polo barco que transportaba o corpo de Santiago Apóstolo. Os seus restos foron trasladados polos seus discípulos, quen “conducido por un anxo e guiados por unha estrela arribaron ás costas de Galicia e subiron pola canle do río Ulla ata alcanzar Iria Flavia (actual vila de Padrón).

Variante espiritual

Tríptico variante espiritual

Leva a variante no teu peto, con este tríptico

Descargar

Ruta da variante espiritual

Descárga a ruta da variante espiritual no teu móbil e non te perdas!
É necesario ter descargado e instalado Google Earth no teu dispositivo móbil

Descargar

Credencial para mascotas

Cuando finalices tu camino, envíanos una copia de la credencial cubierta y te haremos llegar el Diploma certificado de la Variante Espiritual.
Email info@osalnes.com

Descargar
DISTANCIA
98.2km
DIFICULTADE
Media
ETAPAS
3
GPS
N: 42º26’10.14”
O: 8º38’36.55”

ETAPAS

Atopa o teu camiño

19,6 km. - Dificultade media

Tras cruzar a cidade de Pontevedra, seguindo o Camiño Portugués, a 2 Km atopamos un desvío á esquerda. Neste punto comeza a “VARIANTE ESPIRITUAL” que discorre a través de Poio e Combarro ata chegar ao Mosteiro de Armenteira, nun enclave rural moi tranquilo en plena montaña. Poderemos facer noite e descansar no albergue despois de percorrer 21 Km.
Cabe destacar que tras Combarro, e durante un tramo de 7km, a etapa aumenta a dificultade, polo que aconsellamos levar auga.

23,6 km. - Dificultade baixa

Desde Armenteira ata Pontearnelas o peregrino percorre “A Ruta da Pedra e da auga” que discorre por unha paraxe natural de gran beleza. Camiñando baixo a sombra das árbores atoparemos antigos muíños de auga que descansan a beira do río. Hortos e viñedos indícannos que nos aproximamos á ría de Arousa. Tras percorrer 24 Km alcanzamos as praias e a localidade de Vilanova.

Etapa en barco + 27 km. - Dificultade baixa

Realizaremos o traxecto entre Vilanova de Arousa e Pontecesures nunha embarcación para peregrinos (tamén se pode realizar a pé percorrendo 28 km de dificultade baixa). Sucaremos a Ría de Arousa e ascenderemos o río Ulla rememorando a viaxe que fixeron os restos do Apóstolo Santiago, A Translatio. ( aprox. 1.5 horas) Poderemos contemplar o cultivo do mexillón nas augas da nosa ría e percorreremos a único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo no que descubriremos 17 cruceiros centenarios que identifican este camiño de Santiago como a Orixe de Todos Os Camiños.

En Pontecesures retomamos o Camiño Portugués. Estes últimos 27 km a pé son de dificultade baixa e discorren por lugares tan emblemáticos como Iria Flavia e A Escravitude, ademais de atravesar por aldeas ata chegar a Santiago de Compostela.

Variante Espiritual

Spot de promoción da Variante Espiritual do Camiño Portugués

Ver más vídeos

Igrexa da Peregrina

Mosteiro de San Xuan

Piornos de Combarro

Mosteiro de Armenteira

Ruta da Pedra e da Auga

Porto de Vilanova

Torres do Oeste

Rio Ulla

Audioguías


Panel de inicio en variante espiritual - Etapa 1
Mostrar/Ocultar transcripción
Atopámonos no punto onde a Variante espiritual bifúrcase do Camiño portugués para volver unirse en Pontecesures. Esta Variante guiaranos ao longo de tres etapas onde nos esperan mosteiros, pobos mariñeiros, paraxes de gran beleza natural con ríos, muíños, viñedos, praias e marismas. A última etapa desta variante permitirache coñecer a Orixe de Todos Os Camiños, coñecida como Translatio. Remontando en barco o rio Ulla ata Pontecesures poderá realizar o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago no seu camiño a Compostela.
Igrexa de Campañó - Etapa 1
Mostrar/Ocultar transcripción
Atopámonos na igrexa parroquial de Campañó. Esta igrexa é de estilo románico, con variada decoración, destaca un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo, e ten nos seus arredores uno dos menhires máis importantes de Galicia. A festividade máis importante deste templo é a celebración en honra a San Pedro que se celebra a finais do mes xuño.
Mosteiro de Poio - Etapa 1
Mostrar/Ocultar transcripción
Atopámonos no Mosteiro de San Juan de Poio. Este Mosteiro forma un notable conxunto arquitectónico formado polo mosteiro, a igrexa e máis recentemente a hospedería, todo iso nunha contorna con vistas á ría de Pontevedra. Trátase en realidade de dous mosteiros, o antigo convento benedictino, coa súa igrexa, dous claustros e demais dependencias; e o moderno, mercedario, tamén con dous patios paralelos e unha capela ampla que sobresae do edificio. Un dos elementos que máis destacable é o hórreo do mosteiro, un dos máis grandes de Galicia con 123 m2 de superficie.
Barrio da Seca - Etapa 1
Mostrar/Ocultar transcripción
Atopámonos no parque da Memoria. Este parque conta con amplas zonas verdes onde practicar deporte ou camiñar. Nesta contorna tamén se atopa a área deportiva do barrio da Seca, onde na súa beira sitúase unha zona verde cun parque infantil onde se poden practicar diversas actividades. Ademais, neste escenario pódense ver os diferentes conxuntos escultóricos, obra do Premio Nobel da Paz Pérez Esquivel
Pobo mariñeiro de Combarro - Etapa 1
Mostrar/Ocultar transcripción
Atopámonos no pobo mariñeiro de Combarro. Este pobo é unha mostra de arquitectura popular galega e foi declarado en 1972 conxunto de interese artístico e pintoresco. Combarro é un símbolo da perfecta unión entre o azul do mar e unha terra labrada en granito. Camiñando entre as súas casas mariñeiras, hórreos e cruceiros pódese apreciar o seu carácter mariñeiro. Sen dúbida o máis característico de Combarro son os seus horreos aliñados fronte ao mar. Estas construcións utilizábanse e aínda agora utilízanse para gardar gran e alimentos.
Mirador da Ría - Etapa 1
Mostrar/Ocultar transcripción
Atopámonos no Miradoiro do Campanario. Atópase situado no municipio de Poio, preto do pobo mariñeiro de Combarro. Desde aquí pódese contemplar as magníficas vistas á ría de Pontevedra e a Illa de Tambo, ademais, podemos ver as siluetas que debuxan os areais das praias que se atopan bordeando a Ría xunto a pequenos os núcleos urbanos.
Translatio camiño de mar de arousa e Río Ulla - Etapa 3
Mostrar/Ocultar transcripción
Atopámonos no porto de Vilanova de Arousa, punto de partida para realizar a Translatio, roteiro xacobeo marítimo- fluvial que forma parte do camiño do Mar de Arousa e Río Ulla. A Translatio conmemora a chegada dos restos do apóstolo Santiago no seu camiño desde Xerusalén ata Compostela. Nesta travesía pódense contemplar o proceso de cultivo do mexillón na ría e o Vía Crucis Marítimo–Fluvial, onde se poden atopar ata 18 “ cruceiros” que identifican esta Traslatio como a Orixe de Todos Os Camiños.