Castillo de Lobeira


Castillo de Lobeira EMPRAZAMENTO ESTRATÉXICO

A fortaleza construíuse na cota máis alta do Monte Lobeira.

Un emprazamento estratéxico desde o que se divisa unha excelente panorámica da comarca do Salnés; favorecido ademais pola orografía do terreo, cun único sector de acceso posible ao recinto.

VISTA XERAL

Sufriu varias transformacións ao longo da historia. Desde a súa construción máis primitiva, denominada Castrum Luperiae, ata a relevante fortaleza na que se converteu na Idade Media.

VIDA NA FORTALEZA

Un pequeno número de persoas facían vida permanente na fortaleza, o que supón a existencia de fogares e dormitorios.

A torre da homenaxe contaba con tres pisos de madeira, alcanzando unha considerable altura. A entrada á torre facíase accedendo por unha porta pequena e sobreelevada “por canto cabio un onbre e non máis” e á que se accedía mediante o emprego dunha escaleira.

EDIFICIOS ANEXOS

Dentro da fortaleza, existiron unha serie de dependencias tanto para aloxarse o Merino e as súas tropas como cortes.



Reproducción 3D