Lendas A Auga purificadora


A Auga purificadora
A Auga purificadora
A Auga purificadora

Descripción


Múltiples rituais mesturan relixión, maxia e auga como elemento fundamental, polo seu carácter purificador e sandador de males e doenzas, aquí temos algúns deles:

A crenza de que tomando un baño de nove ondas as mulleres estériles logran ser fecundas é unha das que máis contribúen a darlle a Galicia ese aire de reserva mítica de España. A praia máis famosa relacionada con este rito é a da Lanzada, pero antigamente a crenza nas virtudes do baño das nove ondas debía ser xeral en toda a beiramar galega, pois coñécense datos sobre a súa práctica noutros lugares.

Para interpretar o rito hai que distinguir dous casos: o do baño en procura da saúde xeral e o das mulleres estériles. O primeiro poden tomalo tanto homes como mulleres, tanto adultos como rapaces e vellos. Por iso non é extraño ver aínda hoxe na romaxe da Virxe de A Lanzada, que se celebra o derradeiro domingo de agosto, todo tipo de xente bañándose no mar.

En Vilaxoán de Arousa, na praia de Canelas, báñanse, sobre todo no mes de setembro, mulleres que pola súa idade xa non poden ter fillos:

Sómosche de Vilaxoán
da terra das revenidas,
onde se canta moi ben
e se bañan as mantidas.

Neste caso o baño é unha purificación. Sabido é que a auga, tanto a do mar como a das fontes, purifica. A auga ten a cualidade de limpar a suciedade e iso convírtea en símbolo perfecto de purificación. E como na menciña popular todo rito curativo é esencialmente un rito purificador no que se expulsa o Mal, o baño no mar considérase excelente remedio contra calquera enfermidade.

Temos, pois, que neste primeiro aspecto, o mar é símbolo de purificación. No caso das mulleres estériles mantén ese significado porque a esterilidade na cultura popular suponse provocada polos poderes maléficos e, polo tanto, as mulleres estériles, para poder quedar embarazadas, terán que purificarse. Isto está moi ben expresado na seguinte cantiga popular:

         Levei a miña muller
         á Lanzada, ás nove ondas;
         leveina a desinfeitar
         e botar os demos fóra.

Pero aquí intervén outro símbolo, o do macho fecundador. Ese macho é o mar, o mar da ribeira. Dúas cantigas populares nolo demostran:

O mar da bicos na area,
o carballo dá na flor,
se todo o que se ama se bica
dáme un bico meu amor.

O mar tamén é casado,
o mar tamén ten muller,
é casadiño coa area
dálle bicos cando quer. 

O mar é "Home casado", o mar representaría o home e a area á muller, o movemento das ondas representaría o momento da fecundación. Por esa mesma representación alegórica, a praia apropiada para solucionar os problemas de esterilidade sería unha praia cunha forte e impetuosa ondada, características reunidas na Praia de A Lanzada. Feito polo cal o baño para curar os problemas de fertilidade só sería apropiado nesta praia, fronte a calquera outra praia que a través do baño nas súas augas podería sandar doutras doenzas.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida