Lendas lenda do descubrimento das augas termais da Toxa ou a do Burro


Ponte de A Toxa
Ponte de A Toxa
lenda do descubrimento das augas termais da Toxa ou a do Burro
lenda do descubrimento das augas termais da Toxa ou a do Burro
Ponte de A Toxa

Descripción


Conta a lenda que un grovense tiña un burro afectado dunha enfermidade da pel. Ao non ter o valor para sacrificalo, preferiu deixalo abandonado na Illa da Toja, a propósito que pola súa enfermidade non tardaría en abandonar este mundo.

Pasado un tempo e coa intención de enterrar os restos do animal, regresou á Illa e atopouno con vida, curado e retozando nuns lodos.

Contan que así foron descubertas as propiedades curativas das augas termais  que nacen na Illa da Toja e que deron lugar a un dos primeiros balnearios de Galicia.

Audioguías


LENDA DO BURRO
Mostrar/Ocultar transcripción

Emilia Pardo Bazán xa relataba a lenda do burro da Illa da Toxa nas súas obras:

“O Colón deste novo mundo de saúde foi un burro. Un verdadeiro asno, cuadrúpede, cuberto de mazaduras e de tiña, ao que abandonaron, por non desconxuntalo, na illa deserta. E ao cabo dalgúns meses cal sería a sorpresa do dono ao atopar, no canto dun esqueleto, un burro san, saltando, co pelo tan relucente que envexaría a cabalgadura de Sancho Panza. O animal estomballárase nas saudables lamas. As súas feridas desapareceron.”

Así describe a escritora como a casualidade foi a que descubriu o poder medicinal das augas desta illa.

Estas propiedades difundíronse entre a poboación, que empezou a tratar os seus problemas dermatolóxicos con eses lodos ata que en 1899 se abriu o primeiro balneario na Illa da Toxa.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida