Arquitectura relixiosa Igrexa de Santa Baia


Iglesia de Santa Baia - Imagen 1
Iglesia de Santa Baia - Imagen 1
Iglesia de Santa Baia - Imagen 1

Descripción


En Ribadumia, nun entorno formado por un atrio natural, con paseo ata a portada principal, levántase esta igrexa no centro do val. Ten unha alta torre central de época barroca.

A porta está formada por un arco de medio punto moi sobrio, con entablamento e frontón curvo sobre el. Pilastras nas esquinas da fachada rematan en pináculos barrocos. Sobre o frontón, a imaxe da Santa, e máis arriba, a parte alta da torre separada do resto por unha cornisa.

A pranta cadrada inferior tórnase logo poligonal e na súa parte alta circular remata cunha pequena cúpula. Ao carón da igrexa unhas esbeltas árbores contrastan coa construción, en competencia coa obra da natureza. No entorno da igrexa, os viñedos que levantan as súas cepas sobre pilares falan da relación desta parroquia co viño e o traballo das súas xentes.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida