
Descripción
Coñecida como Casa do Cuadrante (en Vilanova), alí naceu D. Ramón Mª de Valle-Inclán.
Aquí almacénanse libros, xornais e outros escritos debidamente catalogados. Consérvanse tamén os obxectos de uso persoal do escritor e da súa familia. Unha visita a esta casa axudaranos a coñecer as orixes dos "esperpentos" de Valle-Inclán.
Audioguías
MUSEO VALLE-INCLÁN
Mostrar/Ocultar transcripciónSABÍAS QUE… en 1866 naceu en Vilanova de Arousa o escritor Ramón María del Valle-Inclán?
Esta casa nobre do s. XVI pertenceu nos seus inicios ao priorado bieito de Vilanova de Arousa, logo pasou a mans da familia Peña e finalmente á familia materna de Valle-Inclán.
En 1995 rehabilítase a “Casa do Cuadrante” e inaugúrase como casa-museo do escritor.
Valle-Inclán foi un influente dramaturgo, poeta e novelista da Xeración do 98, creador do “esperpento”, novo recurso literario que aparece por primeira vez na súa novela Luces de bohemia a través dunha visión deformada e grotesca da realidade que busca satirizar ou criticar.
Moitas das súas obras teñen unha gran relevancia dentro da literatura española. Xeniais son obras dramáticas súas como Divinas palabras, Farsa y licencia de la reina castiza, ademais das Comedias bárbaras. As súas novelas máis coñecidas son Sonatas, Tirano Banderas e as triloxías La guerra carlista e El ruedo ibérico. Na súa obra poética cabe destacar Aromas de leyenda e La pipa de kif.