
Praza de Fefiñans
Cambados
O Pazo Vista Real, situado na parroquia de Caleiro desprega a súa maxestuosa arquitectura asomado á Ría de Arousa. Dende o outeiro onde se sitúa a rexia edificación pódense contemplar o mar salpicado de bateas de mexillón, o sector máis puxante de Vilanova de Arousa.
A espectacular finca conta cunha superficie de 38.600 metros cadrados, dos cales 2,5 hectáreas son adicadas a cultivo de viñedos con ficha propia na Denominación de Orixe Rías Baixas. Son escasos os datos que se conservan sobre este ben patrimonial.
O conxunto arquitectónico que se sitúa na parte alta da finca municipal sitúanse un pazo, unha capela, unha pequena praza e un edificio anexo que eran as antigas cocheiras hoxe reconvertidas en obradoiro de emprego. Polas características constructivas que se conservan todo apunta a que o edificio data do século XVIII aínda que a súa estructura foi sometida a remodelacións posteriores que foron modificando o aspecto do inmoble.
A edificación orixinal presentaba o corte das tradicionais edificicacións pacegas do rural: austeridade na fachada, ausencia de ornamentación, escalinatas de acceso á porta principal para distinción dos propietarios, finca de labradío arredor. Segundo recolle a memoria popular o pazo posuía unha magnífica biblioteca, hoxe desaparecida, que según contan está soterrada na parte suoriental da finca.
Os xardíns están plagados de camelios e árbores centenarias. Non todos se conservan na actualidade, aínda que perduran varios magnolios de grande envergadura e outras especies que conforman unha espectacular zona verde. Nos xardíns perfectos para o paseo tamén atopamos dous estanques que reciben ao visitante na entrada principal e unha especie de pérgola.