
Descripción
O pazo de Quintáns localízase na parroquia de San Esteban de Noalla. Declarado Ben de Interese Cultural (BIC)
A planta deste pazo disponse en escuadra e ten planta baixa e un piso. Na fachada principal destaca un balcón de pedra en voladizo ao longo da mesma, con varanda de madeira. Este balcón fai as funcións de solaina, pois está orientado ao sur e comunícase co interior da casa a través de dúas portas acristaladas.
A fachada este está comunicada co horto. Un muro de pedra delimita a propiedade, que conta tamén cunha capela do século XVII.
O pazo conta con dous escudos heráldicos: un entre as dúas portas que dan ao balcón, coas armas dos Valladares e os Padín, e outro posterior coas armas dos Rivera, os Figueroa, os Ulloa, os Torres e os Aponte.
Antigamente foi unha torre integrada no Casal de Moldes, do Mariscal Soro Gómez de Sotomayor e na actualidade pertence a don Pedro Castiñeiras Muñoz.