Arquitectura civil, pazos Praza de Fefiñans


Plaza de Fefiñáns

Descripción


Neste conxunto urbano do século XVII tamén se enmarca o templo parroquial de San Benito, cun presbiterio do século XVI cuberto con bóveda estrelada. A nave e os exteriores foron feitos de novo na segunda metade do século XVIII. Na súa orixe foi fundación de San Rosendo.

Nesta igrexa atópanse os escudos de armas dos Sarmiento, Valladares, Ozores e Sotomayor. No cruceiro están os escudos dos Fefiñanes e os Figueroa. Ao pé da igrexa, o pazo dos Figueroa, construído no século XVII polo entón embaixador en Rusia, D. José Pardo de Figueroa.

En 1647 foi concedido o vizcondado de Fefiñáns a D. Gonzalo Valladares. Outros pazos de Cambados son o de Ulloa, o de Bazán (hoxe convertido en Parador Nacional) e o de Montesacro.

Audioguías


PRAZA DE FEFIÑÁNS
Mostrar/Ocultar transcripción

SABÍAS QUE… a praza de Fefiñáns está composta polo Pazo de Fefiñáns, a igrexa de San Bieito, o arco-ponte e a atalaia-torre da homenaxe?

Este conxunto arquitectónico foi declarado en 2012 patrimonio histórico artístico.

A praza orixinal construíuse aberta, con vistas ao mar e con catro arcos-ponte que rodeaban un pazo en forma de “L”.

Antigamente este lugar coñecíase como a praza do Mercado, pois aquí tiña lugar este periodicamente.

O Pazo de Fefiñáns, de influencia renacentista italiana, foi construído entre o s. XVI e o s. XVIII. A súa construción foi iniciada por Juan Sarmiento, señor de Fefiñáns, e concluída polo seu sobriño, D. Gonzalo de Valladares, I vizconde de Fefiñáns. Finalmente foi transferido por vía matrimonial aos condes de Figueroa, familia que o conserva ata hoxe.

Destaca a súa torre ameada e os seus fermosos balcóns circulares, que lembran unhas maxestosas copas de albariño.
Na planta baixa do pazo atópanse dúas adegas, Joaquín Gil Armada e Palacio de Fefiñanes.

Comparte y valora


O Salnés a medida


Estanea este código e engade esta páxina os teus favoritos para acceder de meneira rápida